PlotSpot | Aplicación móbil para realizar turismo cinematográfico

Plotspot nace da curiosidade de coñecer os lugares onde se desenvolve a historia dunha película. Con Plotspot poderás coñecer tódalas localizacións onde está ambientada unha película e saber que parte da historia ocorre en cada localización. Terás información completa do que ocorre en cada localización, enlaces directos ás páxinas oficiais dos lugares da película ou á wikipedia para profundizar a información, fotos dos lugares e un sistema de mapa con xeo-localización para coñecer exactamente onde se atopa o lugar e onde te atopas ti respecto ó lugar. A aplicación realizouse en colaboración con Simone Serasini, que colaborou na imaxe da aplicación, a súa estética, e coordinou a elaboración de contidos. A versión inicial contaba con 6 películas completas, mais de 100 localizacións de todo o mundo e mais de 300 fotos dos lugares onde se rodaron as películas.

O desenvolvemento consiste nunha combinación de desenvolvemento web e desenvolvemento móbil de aplicacións nativas. A plataforma web consta dun xestor de contidos personalizado para o dominio dos contidos da aplicación, que permite xestionar tódalas películas e localizacións, así como os ficheiros adxuntos e as coordenadas xeográficas das localizacións a través de selectores visuais con Google Maps. Os datos son expostos ás aplicacións móbiles a través dunha API, que ofrece os datos en JSON para ser consumidos e amosados dende as apps. A aplicación móvil iOS, pola súa banda, é o cliente do servidor, do que recupera toda a información, e a amosa nos layouts nativos con funcionalidades personalizadas, como un navegador web integrado na aplicación, galerías de imaxes que permiten facer zoom sobre as mesmas, ou mapas interactivos coas distintas localizacións. Deste xeito a aplicación permite navegar polos contidos dunha forma atractiva e unha boa experiencia de usuario.

Referencias: