PistaOculta.com | desenvolvemento dun portal web para xestión de contidos baseado en WordPress
Pista Oculta é o proxecto persoal baseado na música fundado por Adrián Moreno, de Zadia Software. A web, que se publica de forma colaborativa con varios autores dende 2009, é unha recopilación das noticias relacionadas coa música independiente, e presta un especial enfoque á música proveniente de Galicia. En xullo de 2010 promoveuse, patrocinouse e deu cobertura ó lanzamento de “Come On Pelegrín“, un recopilatorio de música underground realizada en Santiago de Compostela, cun especial enfoque no rock e no punk. Para o deseño gráfico contouse coa colaboración de Rubén Prol, de Ipanema Gráfica. En 2011 conta cun equipo de mais de 10 colaboradores, e o deseño está realizado a medida baseado en Arras. Ademais da páxina web, Pista Oculta ten presencia en redes sociais (Twitter, Facebook e MySpace), sendo unha fonte importante de lectores e difusión das noticias.
Comments are closed