CaminoDeSantiago.me | Cliente móbil multiplataforma (iPhone/Android) dunha API a medida
Nota: actualmente a aplicación atópase en fase de beta pechada. Para participar, pódese contactar con Ivar Rekve en CaminoDeSantiago.me CaminoDeSantiago.me é un foro relacionado có Camiño de Santiago, con moitas preguntas e respostas principalmente de peregrinos extranxeiros. Para a aplicación móbil de Camino de Santiago non se optou por un cliente nativo para o foro, xa que esta posibilidade ofrécea a través de Tapatalk, de modo que a aplicación plantexouse como unha guía de man, na que os usuarios do foro poidan compartir as súas experiencias sobre o Camiño nunha interface amigable e adaptada aos teléfonos.
Para poder aloxar e servir o contido diseñouse e desenvolveu unha API a medida, implementada en PHP con Codeigniter, ofrecendo unha serie de interfaces REST coas que consumir a información da aplicación. A información almacénase nunha base de datos, que pode ser consultada a través do servizo correspondente. Para a implementación do cliente empregouse o framework de desenvolvemento de aplicacións móbiles Appcelerator. Esta librería permite o desenvolvemento de aplicacións móbiles multiplataforma (Android, iOS – iPhone e iPad, BlackBerry), escribindo o código das aplicacións unha soa vez, en lenguaxe JavaScript. O resultado, tras compilar o código, son aplicacións totalmente nativas, que permiten empregar as funcionalidades avanzadas dos teléfonos, como xeolocalización, vibración, notificacións, etc., todo elo a través dunha interface gráfica baseada en compoñentes nativos (coa ventaxa en rendemento e sensación de resposta que supón frente á opción de desenvolver unha aplicación web móbil).
A aplicación conta cunha base de datos dos distintos Camiños e as súas etapas, coas distancias de cada un deles, e os kilómetros restantes ata Compostela. Os usuarios poden consultar esa información, ademais do tempo que fai no destino da súa etapa. Como funcionalidade principal, a aplicación permite aos usuarios valorar e comentar a etapa, para compartir a súa experiencia con outros usuarios do foro, valorándoa en distintos aspectos (dificultade, conexión a internet, restauración, …), e deixar unha opinión sobre o albergue e aloxamento que utilizaran. A interface da aplicación permite visualizar un resume da última actividade dos usuarios no portal, e o acceso á información das etapas, separadas en diferentes lapelas. A maiores, cóntase cunha sección de axustes na que o usuario pode introducir os seus datos de rexistro no foro (non é posible utilizar as funcionalidades avanzadas de compartir e consultar comentarios sen facelo).
Comments are closed