O proyecto Desire 3 consiste nun catálogo de obxectos de aprendizaxe, nun formato estandarizado, e catalogados para a súa referencia e consulta. Estos obxectos clasifícanse de acordo ao SNCP (Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais), e está convenientemente dispoñibles a través da páxina web do proxecto.
A aplicación móvil para sistemas operativos Android permite consultar o catálogo de obxectos, así como descargar os ficheiros dos que se compoñen, e estar ó tanto da actualidade do proxecto grazas á integración da conta oficial de Twitter (@ProxectoDesire) e ó feed RSS do blog. Para amosar os obxectos de aprendizaxe, consúltase o listado de recursos dispoñibles a través dunha API XML que expón os contidos do repositorio. Tras o procesado do ficheiro XML, lístanse os recursos dispoñibles e permítese consultar a súa ficha de detalles, tras outro procesado do fichero XML correspondiente. Dende a propia ficha pódese proceder á descarga do ficheiro, a través dun navegador estándar de Android. A aplicación fai uso das tendencias mais actuais no deseño de interfaces de usuario para Android. Así, o sistema para compartir os obxectos educativos da aplicación impleméntase aproveitando o sistema de menús estándar integrado no sistema operativo, dende o cal se poderán compartir os recursos a través de Facebook, Twitter, GMail, ou as aplicacións que teñan instaladas o usuario no seu teléfono ou tablet. Igualemente, emprégase a librería de compoñentes gráficos Greendroid, para implementar a ActionBar en versións de Android anteriores a un nivel de API 11 (Android 3.0 e superiores).
Cunha interface de usuario escalable e adaptativa ás características do terminal empregado polo usuario, a aplicación permite consultar o catálogo dende as pequenas pantallas QVGA de 240 x 320 px (como a de terminais como HTC Wildfire) a pantallas grandes de 10′ de tablets como o Asus Transformer. A aplicación está dispoñible no Android Market de forma gratuita, e o desenvolvemento realizouse para FOREM Galicia, con fondos FEDER da Unión Europea e da Xunta de Galicia.