A aplicación nativa para iPhone de Classora permite acceder a parte do seu catálogo de información dende teléfonos con iOS (iPhone, iPod Touch, iPad). Para explicar o que se fai, explicámosvos primeiro que é Classora, segundo as súas propias verbas:
Classora é unha base de coñecemento para Internet orientada á análise de datos, é dicir…
…un sitio onde podes consultar información de todo tipo, representala gráficamente, vela en mapas, facer comparativas inéditas……unha plataforma na que podes participar aportando os teus coñecementos e divertirte aportando as túas opinións.…en definitiva, unha nova forma de acceder á información de Internet, que integra datos obxectivos e datos subxectivos.
A aplicación móbil permite consultar parte da información de Classora, en concreto a relativa ás clasificacións deportivas e o histórico de cada unha delas. Ademais, ten unha gráfica do histórico de posicións dos participantes neses rankings. A app ten a seguinte información:
Para a xeración dos rankings e as gráficas accédese á información de Classora a través de interfaces XML, que se procesan e formatean na aplicación móbil, cun bo rendemento que garantiza unha boa experiencia de usuario. Ademais, o usuario pode marcar as súas clasificacións favoritas, téndoas cómodamente ubicadas nunha lapela da aplicación a modo de acceso directo. Pode instalarse dende a iTunes Store.