Restaurante deCarmen | Desenvolvemento e deseño dunha web baseada en WordPress
No proxecto da web para o restaurante deCarmen buscou representar os valores do restaurante, a súa orientación ó detalle e a súa cuidada atención á clientela. O restaurante deCarmen nace en Santiago de Compostela o 29 de Septembro do ano 2006 coa idea de crear un espazo acolledor onde poder disfrutar dunha cociña elaborada cos mellores productos de temporada. En deCarmen gústanos cuidar ata o último detalle e eso é o que nos gusta transmitir ós nosos clientes. Con estos obxectivos en mente buscouse potenciar a imaxe do restaurante, ofrecendo unha web tan atractiva como o local e a cociña que nel ofrecen. Cun diseño principalmente visual búscase que o cliente poida localizalos con facilidade a través dunha sección de contacto cun mapa de gran tamaño, así como que poida coñecer parte da carta e productos dispoñibles no deCarmen.
Tecnolóxicamente falando, a web emprega WordPress como xestor de contidos e unha plantilla personalizada para ofrecer unha gran carga gráfica. A xestión da imaxe realízase con CSS e Javascript, que dota á web de funcionalidade e dinamismo.
Comments are closed