Galitempo, gañadora do I Premio Open Data

O 5 de xuño o CPEIG convocou o I Premio Open Data, co obxectivo de fomentar o uso e reutilización dos datos abertos publicados por institucións públicas (tanto galegas como nacionais). Na entrega de premios celebrada onte, 14 de xuño, a nosa primeira aplicación para iOS, Galitempo, alzouse co primeiro premio desta primeira edición do concurso, polo uso que realizamos dos datos publicados pola Axencia Meteorolóxica Galega, Meteogalicia.

Estamos moi contentos por recibir o premio, e animámosvos aos desarrolladores a que utilicedes os datos de fontes abertas que publican as nosas institucións públicas de forma creativa, para xerar valor ao redor dos datos que foron xerados pola nosa administración. Tamén esperamos que a administración se de conta do valor que se pode xerar ao redor desta información pública, e  non só publique información de interese que se poida combinar con outras fontes, senón que o fagan en formatos usables polos desarrolladores, como JSON, XML ou RDF.  O uso de Open Data é un camiño moi recente na nosa Administración, que esperamos que evolucione cara a modelos que nos permitan xerar valor aos desarrolladores con datos de interese para os cidadáns.

Máis:

No tags